CD “Un lustro de historia”

Publicación conmemorativa dos primeiros 5 anos de andaina da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

Un CD dobre onde se recopila diferentes rexistros en vivo que abrangue 2011 a 2016.

Neste CD queda mostra dos diferentes programas asumidos no lustro que se conmemora, salientando concertos, programas con solistas e compositores de todas as procedencias e tamen galegos como Henrique Saavedra, coa obra Camiño de Santiago, unha selección de partes, ata o de agora sendo a primeira e única grabación con orquestra sinfónica.

O Concerto de violín ao estilo antigo de Manuel Quiroga, violinista pontevedrés, que no seu pouco repertorio na faceta compositiva ten igualmente escasas grabacións deste concerto, nesta ocasión interpretado por Gregory Nedobora, Principal de segundos violíns da Orquestra Real Filharmonía de Galicia.

Portada OUSC.png

Portada do CD “Un lustro de historia”

Ademáis deste concerto de violín tamén saliéntase outra obra pouco incluída en traballos discográficos como a Trio Sonate para dous violonchelos de G. F. Händel cos solistas Barbara Switalska e Thomas Piel, principal e tutti respectivamente de violonchelo da RFG, esta obra foi arranxada para orquestra polo afamado violonchelista Paul Tortelier, e se incluíu nun concerto conmemorativo polo 100º aniversario do seu nacemento.

Ademáis da obra de Henrique Saavedra e Manuel Quiroga tamén se inclue a Impresión Nocturna de A. Gaos, conformando a participación de autores galegos nesta publicación.

Batalla a 10 voces co solista Roberto Santamarina, Profesor do Conservatorio Profesional (CMUS) de Santiago de Compostela.

Danza sacra e profana para arpa e orquestra de Debussy coa solista Reyes Gómez Benito, profesora de arpa do Conservatorio Profesional de Música de Badajoz.

O Concerto para dous violonchelos de A. Vivaldi, interpretada polos anteriormente mencionados Barbara Switalska e Thomas Piel.

O Concerto grosso Nº8 de A. Corelli cos solistas Enrique Roca, Ângela Neto e Guillermo Alzugaray, dous violíns e violonchelo respectivamente. E tamen como repertorio singular atopamos Pigmalión de A. Piazzolla co solista Javier Díaz ao acordeón, con arranxos do noso director Mario Diz.

O Concerto para violonchelo e orquestra en Re maior de J. Haydn co solista Carlos García Amigo, violnchelo tutti da RFG, sendo o concerto presentación que da saída a este proxecto en 2011.

Podes adquirir este CD de momento na tenda Pazo das Musas en Santiago de Compostela por 9,90€.