Inscríbete

cubre o formulario premendo aquí

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Vicerreitoría de cultura da da USC onde poden participar aquelas persoas que saiban tocar un instrumento orquestral.

A presente convocatoria está destinada a cubrir prazas naqueles instrumentos que despois das probas de admisión de setembro ainda poden admitir a integrantes, e esta convocatoria ten por propósito establecer as bases para o proceso de selección das mencionadas vacantes da OUSC.

cubre o formulario premendo aquí

Os seleccionados Instrumentistas poderán particpar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2016-17 agás periodo de exames, de 21:30h a 23:30h na Igrexa da Universidade, ademáis de ensaios extraordinarios que queden programados.

Esta convocatoria esta dirixida a participar na Orquestra da USC como:

1º) Instrumentistas da OUSC dos seguintes instrumentos:

Violín, viola, contrabaixo, trombón baixo e harpa.

Os instrumentos non mencionados non están suxeitos a vacantes, ainda así poderáse cubrir a presente convocatoria co fin de crear unha listaxe de reservas que poidan ser susceptibles de incorporación á programación da Orquestra.

2º) Posto de colaborador da organización, onde ao longo do curso desenvolverán un traballo de xestión e aprendizaxe dos elementos intervintes na área de xestión cultural.

QUEN PODE PARTICIPAR?

PARA INSTRUMENTISTAS*

– Todos aqueles membros da Comunidade Universitaria da USC que toquen un instrumento dos mencionados

– Estudantes de música

– Calquera persoa que toque un instrumento

*A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, terán preferencia os membros universitarios.

POSTO DE COLABORADOR DA ORGANIZACIÓN**

Estudantes pertencentes da USC en calquera grao ou licenciatura pertencente preferiblemente en área de empresas (ADE), humanidades e/ou Audivisuais, sen coñecementos musicais relacionados coa actividade da Orquestra da USC

Para presentarse nesta última competencia deberán igualmente cubrir o presente formulario e sinalar esta opción.

**Quedarán excluidos aqueles aspirantes que non cumpran os requisitos

COMO PODO PARTICIPAR?

Para participar no proxecto orquestral no curso 2016-17 se realizará unha audición previamente indicada pola organización na Igrexa da Universidade. (A audición será sen piano acompañador)

Igualmente pódese participar deste proceso selectivol enviando un video por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc. sinalando esta opción no presente formulario e enviando por mail a:

orquestra.universidade@usc.es indicando o nome e apelidos do solicitante.

Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación dos aspirantes dentro dos programas que a Orquestra realizará entre Setembro e Xullo do presente curso, así como programas asociados que poidan xurdir.

PERMANENCIA. ISTO É PARA SEMPRE?

Ao ser esta convocatoria de carácter extraordinario tanto os participantes de instrumento como os postos de colaboradores pertencentes á USC poderán participar un máximo de 2 cursos ademáis do presente: os creditos que se retribúen pola participación serán de libre elección ou optativas ECTS, que comezarán a contar a partires do seguinte curso completado, é dicir no curso 17-18, estes créditos se repartirán do seguinte xeito: o primeiro curso completado con 4 créditos e o segundo con 2, poderáse prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias a criterio da Organización da OUSC e sen retribución de créditos.

QUE TEÑO QUE FACER NA AUDICIÓN?

– Interpretar 2 obras ou movementos de libre elección

– Ler unha breve pasaxe a primeira vista

E ADEMÁIS….

Requisitos dos instrumentistas de corda:

Afinar o instrumento

Cambiar de posición

Tocar con spicatto

Requisitos dos instrumentistas de vento:

Boa afinación na interpretación

Coñecer as diferentes articulacións básicas: (Legato, picado, dobre picado, etc.)

Tocar na amplitude da tesitura do instrumento.

Percusión:

Tocar pasaxes previamente seleccionadas.

COMO ME INSCRIBO PARA FACER AS AUDICIÓNS?

No caso dos instrumentistas:

1.Cubro o formulario de solicitude: cubre o formulario premendo aquí

2. Me presento para facer a audición no lugar e hora indicado ou envío unha grabación

No caso do xestor organizativo:

1.Cubro o formulario de solicitude: cubre o formulario premendo aquí

2. Agardo a resolución do proceso selectivo

E CANDO SABEREI SE ESTOU ADMITIDO?

A Orquestra da USC reservase o criterio e decisión final dos admitidos e anunciará aos mesmos nunha listaxe públicada na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía mail durante o tempo seguinte á realización das probas.

Boa Sorte e animádevos a facer música xuntos!

“Sen música a vida sería un erro.”

Friedrich Nietzsche (1844-1900), Filósofo Alemán.