Organización

1. DESCRICIÓN DO PROXECTO ORQUESTRAL DA USC.

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo onde poderán participar aquelas persoas que saiban tocar un instrumento orquestral, aqueles participantes deberán amosar os seus coñecementos instrumentais nunha proba inicial co fin de coñecer o nivel dos participantes.

Poderán participar todos aqueles membros da Comunidade Universitaria da USC, alumnos estudantes de música ou persoas da cidadanía que superen as probas de selección habilitadas para a ocasión.

Participarase con diversos concertos públicos repartidos ao longo do curso escolar e se é o caso organizará 3 ou 4 encontros por curso de 2 – 3 días con ensaios intensivos en fin de semana anterior a cada concerto e con horario variable.

Nestes encontros participarán profesores salientables do eido musical profesional por especialidades.

A OUSC tamén organizará, se é o caso, outras actividades referentes ao proxecto educativo musical que desempeña.

O proxecto organízase en dous grupos:

  • Grupo residente:

    1. Poderán participar no grupo residente soamente membros da Comunidade Universitaria da USC que teñan coñecementos básicos previos de tocar un instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.

    2. Este grupo asumirá todos os ensaios semanais, ademais dos encontros e os concertos programados.

    3. Os participantes deste grupo residente que sexan estudantes da USC poden optar á concesión de 4 créditos ETCS anuais e 2 créditos a maiores no segundo ano.

  • Grupo interino:

    1. Poderán participar no grupo interino aqueles estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música, ou aquelas persoas que teñan coñecementos previos instrumentais que superen unha proba específica previa para ingresar na Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

    2. Este grupo engadirase ao grupo permanente, ou ben nos ensaios semanais ou ben nos periodos de encontros en fin de semana segundo o criterio aprobado pola organización e participará nos concertos programados como culminación de cada proceso de ensaios.

    3. Os participantes deste grupo en ningún caso poderán optar a créditos universitarios.

A OUSC ensaiará os martes lectivos programados do curso en horario de 21:30h a 23:30h na Igrexa da Universidade, sita na Praza de Mazarelos s/n ao carón da facultade de Historia.

As probas consistirán na execución de dúas pezas ou movementos a libre elección do aspirante, e un fragmento para ler a primeira vista aportada polo tribunal seleccionador no propio momento da proba, deixando 2 minutos ao aspirante para ver a partitura en silencio sen posibilidade de tocar. Asi mesmo o Espazo de Cámara poderá ofrecer a opción de presentarse por vía telemática enviando unha grabación en vídeo por diferentes canles dixitais como YouTube, Dropbox, WeTransfer, Etc.

As probas son sen pianista acompañante.

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua – Área de Cultura. Casa da balconada, Rúa Nova, 6, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.

Teléfonos 881811018 / 881811103

area.cultura@usc.es

orquestra.universidade@usc.es 

facebook

twitter