Inscrición 2019-20

Podes participar premendo aquí: CONVOCATORIA 19-20

INTRODUCIÓN

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Vicerreitoría de cultura onde poden participar aquelas persoas que saiban tocar un instrumento orquestral.

A presente convocatoria está destinada a cubrir prazas naqueles instrumentos que despois das probas de admisión de setembro ainda poden admitir a integrantes, e esta convocatoria ten por propósito establecer as bases para o proceso de selección das mencionadas vacantes da OUSC

Os seleccionados Instrumentistas poderán particpar como integrantes activos todos os martes lectivos do curso 2019-20 agás periodo de exames, de 21:30h a 23:30h na Igrexa da Universidade, ademáis de ensaios extraordinarios que queden programados.

Para obter máis información sobre as modalidades de participación visitar a seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/servizos/cultura/espazocamara.html

Podes participar premendo aquí: CONVOCATORIA 19-20

Esta convocatoria esta dirixida a participar na Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC) como:

-1º) Instrumentistas da OUSC dos seguintes instrumentos:
Violín, viola, contrabaixo, frauta, óboe, fagote, clarinete, trompas, trombóns, trombón baixo, tuba, percusión, piano e harpa.

Podes participar premendo aquí: CONVOCATORIA 19-20

As especialidades para lista de reserva non están suxeitos a vacantes, ainda así poderáse cubrir a presente convocatoria co fin de crear un banco de alumnos que poidan ser susceptibles de incorporación á programación da Orquestra segundo os programas.

*As prazas parciais serán aquelas que correspondan a especialidades instrumentais que participarán segundo necesidade de programa, por exemplo, frautín, corno inglés, trombón baixo, tuba, etc.

-2º) Posto de colaborador da organización, onde ao longo do curso desenvolverán un traballo de xestión e aprendizaxe dos elementos intervintes na área de xestión cultural.

Podes participar premendo aquí: CONVOCATORIA 19-20
QUEN PODE PARTICIPAR?

PARA INSTRUMENTISTAS*

– Todos aqueles membros da Comunidade Universitaria da USC que toquen un instrumento dos mencionados
– Estudantes de música
– Calquera persoa que toque un instrumento

*A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, terán preferencia os membros universitarios.
POSTO DE COLABORADOR DA ORGANIZACIÓN**

Estudantes pertencentes da USC en calquera grao ou licenciatura pertencente preferiblemente en área de empresas (ADE), humanidades e/ou Audivisuais, sen coñecementos musicais relacionados coa actividade da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

Para presentarse nesta última competencia deberán igualmente cubrir o presente formulario e sinalar esta opción.

**Quedarán excluidos aqueles aspirantes que non cumpran os requisitos
COMO PODO PARTICIPAR?

Para participar no proxecto orquestral no curso 2019-20 se realizará unha audición o vindeiro día 10 de setembro ás 21:15h na Igrexa da Universidade (praza de Mazarelos s/n). (A audición será sen piano acompañador)

Igualmente pódese participar deste proceso selectivol enviando un video por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc. sinalando esta opción no presente formulario e enviando por mail a:
orquestra.universidade@usc.es indicando o nome e apelidos do solicitante.

Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación dos aspirantes dentro dos programas que a Orquestra realizará entre Setembro e Xullo do presente curso, así como programas asociados que poidan xurdir.
PERMANENCIA. ISTO É PARA SEMPRE?

Os participantes de instrumento como os postos de colaboradores pertencentes á USC poderán participar un máximo de 2 cursos: para aqueles estudantes da USC os creditos que se retribúen pola participación serán de libre elección ou optativas ECTS, estes créditos se repartirán do seguinte xeito: o primeiro curso completado con 4 créditos e o segundo con 2, poderáse prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias a criterio da Organización da OUSC e sen retribución de créditos segundo as prazas vacantes que queden dispoñibles.
QUE TEÑO QUE FACER NA AUDICIÓN?

– Interpretar 2 obras ou movementos de libre elección (agás percusión que se lles aportará previamente as pasaxes)
– Ler unha breve pasaxe a primeira vista (os presentados por video recibirán a pasaxe unha vez seleccionados)

E ADEMÁIS….

Requisitos dos instrumentistas de corda:

Afinar o instrumento
Cambiar de posición
Tocar con spicatto

Requisitos dos instrumentistas de vento:

Boa afinación na interpretación
Coñecer as diferentes articulacións básicas: (Legato, picado, dobre picado, etc.)
Tocar na amplitude da tesitura do instrumento.

Percusión:

Nesta modalidade deberán tocar pasaxes previamente seleccionadas aportadas pola OUSC previamente que serán enviadas por e-mail ao aspirante.
COMO ME INSCRIBO PARA FACER AS AUDICIÓNS?

No caso dos instrumentistas:

1.Cubro o formulario de solicitude
2. Me presento para facer a audición no lugar e hora indicado ou envío unha grabación

No caso do xestor organizativo:

1.Cubro o formulario de solicitude
2. Agardo a resolución do proceso selectivo
E CANDO SABEREI SE ESTOU ADMITIDO?

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela reservase o criterio e decisión final dos admitidos e anunciará aos mesmos nunha listaxe públicada na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía mail durante o tempo seguinte á realización das probas.

Boa Sorte e animádevos a facer música xuntos!

“Sen música a vida sería un erro.”
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

 

Podes participar premendo aquí: CONVOCATORIA 19-20

“Sen música a vida sería un erro.”
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

Advertisements